Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		A Deputación de Lugo, en mans do PSdeG e BNG a falta da revisión dos votos nulos
Volveranse ver 1.212 papeletas para determinar se o organismo provincial segue en mans dun bipartito ou se pasa ao PP
 
            
                            G24.gal
                        
                            02/06/2023 20:31
                        
                        
                        
                        
                    
                    En Lugo, a xunta electoral decidiu este venres revisar todos os votos que foron declarados nulos.
Son 1.212, unha cifra relevante se temos en conta a escasa marxe de votos en que se disputa un deputado provincial polo partido xudicial de Lugo.
Se fose para o PP, os populares terían maioría absoluta.
Do contrario, habería un novo bipartito PSOE-BNG.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        