Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña instalará outros cinco radares pedagóxicos

A Coruña instalará outros cinco radares pedagóxicos

Os radares non multarán, pero informarán da velocidade

Están preto de centros educativos

G24.gal 20/07/2023 14:44

O Concello da Coruña instalará nos próximos días cinco radares pedagóxicos a carón de cadanseu centro educativo. Son zonas sensibles, coma a contorna do IES Eusebio da Guarda, en pleno corazón da cidade.  

"Claro, sempre hai rapaces por alí correndo, se van despacio, mellor", comenta unha moza.

Poranse en máis puntos conflitivos, como a zona do CEIP Sagrada Familia ou as proximidades do colexio internacional Eirís. Arestora están en funcionamento tres radares deste tipo, dende maio. Un deles, este, no barrio das Flores. Alí saben da velocidade á que chegan algúns condutores na ronda Camilo José Cela, por diante do Ramón de la Sagra.

As veciñas din que "algún tolo vai de rally", e que  "isto son todo colexios e pasan moitos coches e unha vez atropelaron un neno".

Os radares son informativos, non multan, pero avisan de que se supera a velocidade máxima permitida. "A xente frea, cando ve que chega aquí a 48-50", valora outra muller.

Os dispositivos teñen unha pantalla led e indicador tricolor, e emite unha advertencia cando se rebasa o límite establecido. De ir todo segundo o previsto, na Coruña han estar en funcionamento oito radares coma este cando comece o curso escolar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade