Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña acollerá unha nova edición do foro Ecosystems 2030 sobre innovación tecnolóxica

A Coruña acollerá unha nova edición do foro Ecosystems 2030 sobre innovación tecnolóxica

O encontro reunirá en maio en Palexco máis de 60 relatores de vinte países

G24.gal 28/02/2023 14:57

A Coruña acollerá por segunda vez o foro internacional sobre innovación Ecosystems 2030, que en maio reunirá en Palexco máis de 60 relatores de vinte países. O congreso analizará os desafíos que supoñen para a sociedade as tecnoloxías emerxentes, como a intelixencia artificial, a robótica ou os vehículos autónomos.

A alcaldesa da cidade destacou a importancia da cita: "Non é só o congreso máis importante do ano na Coruña e Galicia, a súa importancia traspasa as fronteiras. En 2022 chegou a máis de 40 países".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade