Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega á Coruña o Node Hub, un programa de incubación de empresas tecnolóxicas

Chega á Coruña o Node Hub, un programa de incubación de empresas tecnolóxicas

O programa vaise presentar na Cidade das TIC da Coruña

Está dirixido a emprendedores con ideas innovadoras, que terán asesoramento de balde

G24.gal 24/02/2024 14:57 Última actualización 24/02/2024 15:19

O proxecto Node Hub é unha rede de emprendemento que ten como obxectivo fomentar a creación de empresas tecnolóxicas.  O próximo martes preséntase na cidade das TIC da Coruña.

Este programa de incubación de empresas ofrecerá asesoramento de balde durante cinco meses a emprendedores con ideas innovadoras ou con proxectos empresariais que xa estean en curso. 

"Está dirixido a todo o mundo que teña relación co mundo da empresa, tanto emprendedores como startups que teñamos aquí en Galicia. Temos expertos e temos investidores. Imos ter convidados que teñen experiencia e capacidade de investir en proxectos que temos aquí en Galicia, especialmente os tecnolóxicos", explica Roberto Touza, cofundador de Node Hub.

O proxecto Node Hub nace en colaboración co Clúster das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións de Galicia e co Instituto Nacional de Ciberseguridade.

É un programa que se vai desenvolver ao longo de tres anos e que pretende aproveitar o potencial da Coruña como polo de atracción de empresas tecnolóxicas, trala creación recente da Cidade das TIC e da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos