Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Copa en xogo na G2 co Guijuelo- Deportivo

A Copa en xogo na G2 co Guijuelo- Deportivo

G24.gal 12/11/2022 13:44

A andaina copeira do Deportivo comeza en Guijuelo. A liga é prioritaria, pero a competición do KO é especial para o equipo coruñés, un dos que lucirá o parche como un dos campións ao longo da historia do torneo.

Con nove ausencias, será a oportunidade dalgúns pouco habituais. Yeremay estará no once inicial, e catro fabrilistas van convocados. Pode haber minutos para Puerto, Barcia, Brais Val ou Nájera.

O Guijuelo, do grupo primeiro da Segunda Federación, gañou os cinco partidos que xogou como local. O estadio Luis Ramos, de céspede artificial, é unha das súas grandes bazas.

Será esta tarde, as cinco, na nosa segunda canle.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar