Publicador de contidos

A coada máis activa do volcán parou a corenta metros do mar

A coada máis activa do volcán parou a corenta metros do mar

As cinzas do Cumbre Vieja cobren boa parte da illa

directo
G24.gal 31/10/2021 14:23

A lava do volcán Cumbre Vieja, que entrou en erupción hai 42 días na illa da Palma, flúe de xeito especialmente abundante pola denominada coada número tres. Segundo o sistema satelital Copernicus, as coadas cobren xa 970 hectáreas da illa e arrasaron máis de 2.500 edificacións.

Membros da Unidade Militar de Emerxencias vixían a zona por onde esa coada número tres pode chegar ao mar, que está a uns corenta metros en liña recta. Esta mañá, a lava detívose na localidade de Las Hoyas.

As cinzas crean moitos problemas na Palma

A UME axuda tamén a solucionar, na medida do posible, outro gran problema creado pola erupción, o da gran cantidade de cinzas volcánicas que cobren estradas, edificacións e mesmo cemiterios da comarca noroeste da Palma.

E todo este fenómeno da natureza desatada e da loita para evitar danos é contemplado desde lugares autorizados por miles de turistas, que encheron os aloxamentos da illa da Palma nesta ponte de defuntos.

Mais de trinta tremores este domingo

Tamén seguen moi presentes os movementos sísmicos. Neste domingo, rexistráronse na zona máis de trinta tremores.
Esta fin de semana comezaron na localidade de El Paso as obras para construír as primeiras trinta vivendas provisionais para os afectados, que serán entregadas nun prazo aproximado de mes e medio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade