Publicador de contidos

Publicador de contidos

A CIG mantén, en solitario, a folga indefinida no transporte na provincia da Coruña a partir do mércores

A CIG mantén, en solitario, a folga indefinida no transporte na provincia da Coruña a partir do mércores

Comisión Obreiras e UXT desconvocaron o paro tras a reunión coa patronal, á espera dun novo encontro o xoves

Reunión de patronal e sindicatos no Consello Galego de Relacións Laborais. EFE/ Xoán Rey Reunión de patronal e sindicatos no Consello Galego de Relacións Laborais. EFE/ Xoán Rey
G24.gal 09/02/2026 21:04

A CIG mantén, en solitario, a convocatoria de folga indefinida no transporte por estrada da provincia da Coruña a partir do mércores. Tras a reunión dos sindicatos coa patronal, CC.OO e UXT desconvocan os paros á espera dunha próxima reunión o xoves. Consideran válido o preacordo ao que chegaron a semana pasada e que non foi ratificado polas asembleas de traballadores.

 Sindicatos e patronal do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña están convocados a unha nova reunión o xoves, coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, tras un encontro celebrado este luns e con convocatoria de folga indefinida a partir do mércores por parte da CIG. 

 A reunión nesta xornada produciuse nun contexto de división sindical despois de que o sindicato nacionalista acordase fixar unha data para paros indefinidos se hoxe non había un acordo e despois de que as asembleas de traballadores e traballadoras rexeitasen maioritariamente o preacordo subscrito por CCOO e UXT coa patronal con melloras para estas partes en materia salarial e laboral e con "avances mínimos" para a central nacionalista. 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade