A central hidroeléctrica de Ponte Bibei, a primeira en dar enerxía a Galicia e León o día da apagada
A central hidroeléctrica de Ponte Bibei, a primeira en dar enerxía a Galicia e León o día da apagada
A central hidroeléctrica de Ponte Bibei, en Ourense, recuperou a enerxía o día da apagada trinta minutos despois
Ponte Bibei foi a primeira hidroeléctrica en dar enerxía a Red Eléctrica para acender Galicia e León
A central de bombeo é autónoma, non precisa enerxía externa para operar
Da enerxía desde unhas turbinas situadas nunha caverna baixo o monte, a uns 300 metros de profundidade
Hai unha infraestrutura en Galicia, unha central hidroeléctrica, en Ourense, que ten unha galería de nove quilómetros de longo, escavada nunha montaña, que descende uns trescentos metros dentro do monte e acaba nunha planta con catro turbinas, subterráneas. Ben, a auga que chega a esas turbinas acaba convertendo a enerxía en electricidade.
Esta central hidroeléctrica de Iberdola, na Ponte Bibei, foi a encargada de arrincar a subministración en Galicia e parte de Castela e León o día do apagamento masivo. En media hora, esta planta da Pobra de Trives estaba lanzando enerxía a Red Eléctrica.
Sobrevoamos o encoro do Bao, na conca do Miño, no río Bibei. A presa está no Bolo, en Ourense. Neste concello viven algo máis de setecentas persoas. Desde aquí, desde a central da ponte Bibei de Iberdrola, foron os primeiros en levantar a rede o día do apagamento, do 28 de abril. A primeira luz que se puido acender en Galicia e parte de León despois de horas de apagada, xerouse aquí. É unha das centrais de arranque autónomo, que poden operar sen enerxía externa.
Trinta minutos despois do apagamento, contan desde Iberdrola que ponte Bibei xa estaba lanzando enerxía a Red Eléctrica. Parte da coordinación do sistema estaba aquí, na sala de control da planta, onde, por certo, adoitan facer simulacros de apagamentos. Había sete traballadores cando caeu o sistema. Juan Balbino é o xefe da presa. No momento da apagada acababa de chegar.
A central de bombeo hidroeléctrica de Iberdrola en ponte Bibei activou a recuperación da enerxía en Galicia e área de León o día da apagada masiva a máis de trescentos metros baixo terra. Aí están as turbinas que transforman a enerxía en electricidade, nunha caverna. Para chegar a elas hai que percorrer un túnel.
A Central Hidroeléctrica de Ponte Bibei ten capacidade de abastecer máis de cento oitenta mil fogares, se houbera outra vez unha apagada masiva sería, de novo, a comarca de Valdeorras a encargada de recuperar a enerxía caída.