Cargando resultados...
A casa máis iluminada do Nadal da Guarda
Unha casa de Camposancos, na Guarda, compite co alumeado de Nadal de Vigo
Os seus propietarios instalaron este ano máis 500.000 luces led e reciben centos de visitantes cada día
G24.gal
18/11/2025 21:40
Cada día, cando dan as seis e media da tarde, a casa de Wanda e Manolo convértese no faro do Nadal que ilumina Camposancos, na Guarda. Comezaron na pandemia instalando algunhas luces, e ano a ano foron incrementado a decoración ata converterse nun verdadeiro atractivo turístico con 500.000 luces led.
As portas do seu xardín permanecen abertas para todos os que queiran achegarse e reciben en ocasións ata autobuses turísticos. Manuel e Wanda, xa pensan agora na decoración do ano que vén e nas novidades que engadirán ao seu refuxio de Nadal.