A Canosa, en Carballo, ten dous pasos de peóns dos máis perigosos da bisbarra
Os veciños quéixanse de que se pode adiantar e os coches non respectan o límite de cincuenta
Desde pequenos aprendemos que os peóns deben cruzar as rúas e estradas polos pasos habilitados e sinalizados a tal efecto. O problema é que, moitas veces, os condutores non respectan a preferencia dos viandantes neses puntos sinalizados.
Na Canosa, un cruzamento que está na estrada que vai de Carballo a Santiago. Aí hai dous dos 50 pasos de peóns máis perigosos da Costa da Morte. Aquí xa houbo varias vítimas mortais. Hai que dicir que no último ano das 13 persoas que morreron nas estradas da comarca 3 foron peóns.
Na recta de Rus, a uns cinco quilómetros que están chegando a Carballo, os veciños afirman que os dous pasos de peóns que hai son perigosos.
Din que non están situados nun sitio apropiado para cruzar, ademais de ser unha zona moi transitada que da servizo a varias aldeas, onde os coches non respectan o límite de velocidade que hai, que son 50 quilómetros por hora.
Unha veciña conta que xa morreon moitas persoas, peóns que cruzaban por detrás do autobús atropeláronos e que a policía cando avisan dun accidente en Rus xa saben que é a Canosa porque é onde son os accidentes todos.
Na Canosa hai uns meses morría atropelado un home de máis de noventa anos. E hai aldeas veciñas, como Entrecruces, que se queixan da falla de sinalización.
Hai outras zonas de concellos como Cee, Cerceda, A Laracha, Zas, Coristanco ou Corcubión con problemas. Dende hai dous anos morreron sete peóns nas estradas da Costa da Morte. A maioría deles non levaban prendas reflectoras.