Publicador de contidos

Publicador de contidos

A campaña da centola encara a recta final con boas cifras

A campaña da centola encara a recta final con boas cifras

No Grove venderon unhas 80 toneladas e facturaron 1,2 millóns de euros

Agardan cifras semellantes ás do ano pasado, as máis altas da súa historia

G24.gal 05/04/2022 20:27

Cando apenas quedan dous meses para a veda da centola, na lonxa do Grove comezan a facer balance desta campaña. Levan vendidas unhas 80 toneladas, son 12 máis que o ano pasado nas mesmas datas. A facturación ascende xa a 1.200.000 euros.

Malia que hai lonxas en que se vende máis cantidade, non superan a súa facturación. O ano pasado, no Grove superaron a súa marca histórica en facturación de centola, e este ano agardan cifras semellantes. En toda Galicia vendéronse preto de 600 toneladas nesta campaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade