Publicador de contidos

A Camorra defrauda 20 millóns a través da renda de cidadanía

A Camorra defrauda 20 millóns a través da renda de cidadanía

Máis de 4.800 persoas que estaban cobrando esta prestación sen cumprir os requisitos

G24.gal 04/11/2021 17:17

Italia está escandalizada polo cobramento ilegal da coñecida como "renda para a cidadanía"; unha especie de mínimo vital. Estaba destinada para xente sen traballo pero acabaron recibíndoa, sen merecela, milleiros de persoas, moitas delas relacionadas coa Camorra.

Os Carabinieri detectaron, durante unha investigación que se desenvolveu no sur de Italia, máis de 4.800 persoas que estaban cobrando esta prestación, impulsada por Giuseppe Conte para loitar contra a exclusión social e a pobreza, sen cumprir os requisitos necesarios.

Algúns dos beneficiarios posuían coches de alta gama, iates e varias vivendas e unha gran porcentaxe estaban relacionados coa camorra.

As primeiras investigacións apuntan que esta fraude podería ascender a preto de 20 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos