A calidade do aire é moi mala en cinco concellos da illa da Palma
Rexistráronse 18 sismos pola noite de baixa magnitude
As coadas de lava cobren case mil hectáreas

Unha noite máis, os habitantes da Palma puideron sentir tres sismos orixinados pola erupción do volcán Cumbre Vieja. Outros 15 tremores foron de tan escasa magnitude que só foron rexistrados polos aparatos.
Os vulcanólogos advirten de que a baixada da sismicidade non quere dicir que a erupción vaia parar pronto.
O Cumbre Vieja segue expulsando lava, a maior parte dela pouco visible, xa que discorre a través de tubos volcánicos que alimentan coadas que permanecen case paradas.
A calidade do aire é moi mala en cinco concellos próximos ao volcán
Agora mesmo o risco mais inmediato é a emisión de partículas denominadas PM10, polo seu tamaño microscópico, que poden danar as persoas. Este fenómeno levou ás autoridades a declarar extremadamente desfavorable a calidade do aire en cinco concellos de la Palma.
Os pescadores de Tazacorte din que levan máis de 40 días parados
Segundo o sistema satelital Copernicus, as coadas cobren case mil hectáreas e levaron por diante máis de dúas mil cincocentas edificacións. Os pescadores da confraría de Tazacorte, afectados polo perímetro de seguridade, quéixanse tamén de que levan máis de corenta días sen traballar.