O volcán da Palma leva 50 días, sen indicios dun pronto final na erupción
A calidade do aire é moi mala en cinco concellos próximos ao Cumbre Vieja
Os danos: mais de 7.000 evacuados e 2.587 edificacións e infraestruturas afectadas

A illa da Palma vive estes días dividida entre o leste, cheo do turismo normal da zona e con escasos rastros da erupción volcánica,e o oeste ó que se chega a través dun longo túnel, que da paso ó volcán Cumbre Vieja e ós seus efectos. Tamén neste lado da illa hai turismo, pero doutro tipo.
50 días despois da súa erupción, o volcán segue expulsando lava, aínda que agora non fai dano porque discorre polas coadas previas. Na zona segue habendo sismos, pero de baixa magnitude. O principal risco nestes momentos son as chamadas partículas PM10, que empeoraron moito a calidade do aire de cinco concellos próximos ao volcán, especialmente ó de los Llanos de Aridane.
Ningún experto se atreve a prognosticar cando rematará a erupción, ainda que case todos coinciden en que non será pronto.
Alleos ó debate científico, os agricultores que poden acceder por terra ás súas fincas fixérono este domingo. E os que non poden ir por terra poderán facelo por mar, coa axuda dos barcos da Armada española.