Publicador de contidos

Publicador de contidos

A busca do pescador desparecido no Grove podería suspenderse e retomarse o martes

A busca do pescador desparecido no Grove podería suspenderse e retomarse o martes

O servizo de Gardacostas pretende empregar un dron submarino na busca polas covas que quedan entre as rochas

G24.gal 19/11/2021 14:22

Os membros do dispositivo de busca do pescador desaparecido no Grove queren aproveitar a mellora da visibilidade en relación á que había en días pasados.

Aínda que os lugares máis preto da costa xa os rastrexaron desde o helicóptero da Garda Civil e os mergulladores, a intención é facer unha busca máis intensa no mar.

O servizo de Gardacostas pretende empregar un dron submarino na busca polas covas que quedan entre as rochas.

Queren rastrexar as profundidades da zona onde se cre que puido caer ao mar Manuel Cores, porque se localizaron algúns dos seus últiles de pesca.

Familiares do pescador desaparecido seguen os labores de busca que, polo de agora, non deron resultado. É posible que se suspendan tras a xornada de hoxe e que se volvan retomar o martes que vén, cando se cumpren nove días da desaparición.
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar