Publicador de contidos

Publicador de contidos

A aventura de Alcaraz en Wimbledon remata nos oitavos

A aventura de Alcaraz en Wimbledon remata nos oitavos

O italiano Jannik Sinner gañou en catro sets: 6-1, 6-4, 6-7, 6-3

G24.gal 03/07/2022 21:18

Dúas das perlas do tenis mundial enfrontáronse nos oitavos de final de Wimbledon. A pegada do italiano Jannik Sinner foi moito máis contundente ca a de Carlos Alcaraz. Superouno con claridade nos dous primeiros sets (6-1, 6-4). 

Reaccionou o murciano no terceiro. Salvou dúas bólas de partido no tie break e conseguiu levar a rolda por 7-6 (10-8). Pero no cuarto, Sinner volveu impoñer o seu xogo. Rompeu o saque de Alcaraz e rendibilizouno mantendo un saque que non foi capaz de levarlle en ningunha das sete oportundades que tivo o español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos