Publicador de contidos

Publicador de contidos

A autovía A-57 leva oito anos en obras

A autovía A-57 leva oito anos en obras

Hai tres treitos previstos, pero só un en execución

G24.gal 10/07/2023 15:53

A autovía A-57, que vai circunvalar Pontevedra, faise de rogar. Hai tres treitos previstos, pero só un en execución. Un, que leva case oito anos de obras.

A primeira pedra colocouse en outubro de 2015, pero aínda é difícil saber cando se vai colocar a última.

O único treito en execución é o que une Vilaboa e A Ermida en pouco máis de seis km.

Para o segundo, entre a Ermida e Pilarteiros, acaba de aprobarse a declaración de impacto ambiental, pero aínda non hai data de inicio das obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade