Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenan un mozo por agresión sexual á súa curmá cando os dous eran menores de idade

Condenan un mozo por agresión sexual á súa curmá cando os dous eran menores de idade

Segundo a sentenza, os feitos producíronse entre o 2013 e o 2016, cando o mozo tiña 14 anos e a súa curmá, 10

A Audiencia Provincial da Coruña condenouno a catro anos de internamento en réxime pechado por un delito continuado de agresión sexual

G24.gal 21/10/2022 12:41

Condenado na Coruña un menor de idade por abusos sexuais reiterados a unha curmá, tamén menor. A nena mesmo intentou suicidarse ata catro veces. Foi precisamente un deses catro intentos de suicidio que tivo a vítima o que destapou o acontecido. 

Segundo a sentenza, os feitos producíronse entre o 2013 e o 2016, cando o mozo tiña 14 anos e a súa curmá, 10. A sentenza recolle tamén que a menor, que sufrira acoso no ámbito escolar, acudía onda o seu curmán á procura de consello e axuda, e que precisamente foi no transcurso desa relación cando, nun número de ocasións imposible de precisar, pero en todo caso moi superior a tres, obrigouna a realizar diferentes actos sexuais na casa da avoa. Tamén a ameazou para que non fixese públicos os abusos.

A Audiencia Provincial da Coruña condenouno a catro anos de internamento en réxime pechado por un delito continuado de agresión sexual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade