Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Audiencia de Pontevedra retira a orde de afastamento ao presunto acosador dunha moza

A Audiencia de Pontevedra retira a orde de afastamento ao presunto acosador dunha moza

Unha moza de Sanxenxo leva 20 denuncias contra el por todo tipo de ameazas e intimidacións

G24.gal 19/04/2022 14:41

A Audiencia Provincial de Pontevedra non ve risco obxectivo nun relato que segundo a vítima empezou o ano pasado cando comeza unha relación sentimental cun mozo de Sanxenxo como ela e que remata sen maiores problemas máis ou menos no Nadal.

Dende ese momento o acoso que denuncia con numerosas probas e tal que abrangue vixilancia, lanzamento de pedras ao seu coche, visitas á súa casa, mensaxes ameazantes e ata mesmo intenta atropelala cando ela ía a cabalo cun amigo. O seu pai entre bágoas asegura que xa non sabe que máis facer ou como protexela.

A orde de afastamento do xulgado de Cambados foi revogada e agora a situación xurídica é complexa. O presunto acosador viu ademais así reforzada a súa actuación.

Piden que a pesar de retirarlle a protección establecida as autoridades vixíen de preto a situación e non permitan que poida ocorrer unha desgraza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade