A asociación de vítimas Dignidade e Xustiza abre unha nova vía para pedir a ilegalización de Bildu
A polémica pola presenza de condenados nas listas segue marcando o debate político

A asociación de vítimas Dignidade e Xustiza busca unha nova vía para a ilegalización de Bildu. Pídelle á Fiscalía Xeral do Estado que comprobe a inclusión de condenados por terrorismo nas listas electorais desde o 2011.
Di que ningún deles pediu perdón nin colaborou coa xustiza como esixe a lei. Os pactos con Bildu marcan o debate político. Hai sectores do PSOE que defenden o cordón sanitario á formacion abertzale.
"Non hai que ter ningunha relación cos herdeiros da banda terrorista ETA"
Unhas declaracións que se producen tras da tensa sesión de control desta semana no Congreso na que o Presidente do Goberno reivindicaba a derrota do terrorismo da ETA. Os populares cren que o PSOE quere acabar con este debate. E acusan a Pedro Sánchez de intentar reescribir a historia.
E pídenlle ao Pedro Sánchez que responda se vai seguir apoiando a gobernabilidade de España nun partido que mantén 37 condenados por terrorismo nas súas listas.