Publicador de contidos

Publicador de contidos

A asesora de Begoña Gómez recorre a decisión de enviar a un xurado popular a causa por presunta malversación

A asesora de Begoña Gómez recorre a decisión de enviar a un xurado popular a causa por presunta malversación

A defensa critica "incoherencias" do xuíz Peinado e asegura que Cristina Álvarez cumpriu coas súas funcións "de maneira exquisita"

A asesora de Begoña Gómez, Cristina Álvarez, á súa chegada aos xulgados (Gustavo Valiente / Europa Press) A asesora de Begoña Gómez, Cristina Álvarez, á súa chegada aos xulgados (Gustavo Valiente / Europa Press)
G24.gal 30/09/2025 23:27

Cristina Álvarez, asesora da muller do presidente do Goberno, Begoña Gómez, presentou un recurso contra a decisión do xuíz Juan Carlos Peinado de enviar a un xurado popular a investigación sobre un presunto delito de malversación ligado ao seu traballo. A defensa acudíu directamente á Audiencia Provincial de Madrid para pedir que revoque a resolución.

No escrito, sostén que a decisión "desobedece" o criterio xa fixado pola propia Audiencia, que nun auto de xuño descartou de forma expresa que Álvarez puidese cometer malversación, limitando os indicios a un posible tráfico de influencias. Engade que o auto de Peinado "mutila" e cita de forma "descontextualizada" fragmentos daquela resolución para xustificar a súa posición.

Sen indicios de prexuízo ás arcas públicas

A defensa lembra que en maio o Xulgado de Instrución xa rexeitara unha querela de Vox contra Álvarez por malversación ao considerar que non se lle podía atribuír responsabilidade penal polo desempeño das súas funcións. Agora critica que o maxistrado varíe o criterio sen que existan novas dilixencias ou probas, o que supón, ao seu xuízo, unha vulneración da "seguridade xurídica".

O recurso insiste en que a asesora carece da "cualificación específica" para cometer un delito que require relación directa co caudal público e subliña que "non se produciu ningún prexuízo ás arcas públicas". Engade que non hai indicios de que desatendera as súas funcións por dedicarse a tarefas privadas para Gómez, asegurando que as cumpriu "de maneira exquisita".

Por todo isto, a representación legal solicita que a Audiencia Provincial de Madrid estime o recurso de apelación e deixe sen efecto a resolución do xuíz Peinado no que atinxe a Cristina Álvarez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos