Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Armada despide en Ferrol o remolcador Mahón tras 43 anos de servizo

A Armada despide en Ferrol o remolcador Mahón tras 43 anos de servizo

Participou en múltiples misións de vixía, remolque e rescate

Salvou vidas en Fisterra, despregouse no conflito do fletán e escoltou as carabelas que recrearon o Descubrimento

 

 

 

G24.gal 02/05/2024 14:57

Despois de máis de catro décadas de servizo á Armada, arríase a bandeira do Mahón. 

Remata así a vida activa deste remolcador de altura, en que traballaron máis de 400 militares profesionais que hoxe o despedían con honra.

O almirante xefe do Estado Maior, Antonio Piñeiro, que tamén foi comandante do Mahón, pasou revista á última dotación. 

Un acto emotivo en que o comandante de desarmamento fixo memoria das múltiples misións de rescate, remolque e vixilancia que fixo o buque  Desde salvar vidas en Fisterra, a escoltar as carabelas que recrearon o Descubrimento.

"No ano 1991 colabora co cruceiro das carabelas, na viaxe conmemorativa do quinto centenario do descubrimento de América. No 1995 desprégase no conflito do fletán nos caladoiros NAFO e no 2002 intervén na vixilancia da costa galega para alertar da presenza de verteduras do petroleiro Prestige", enumera o Comandante de Desarmamento.

Malia que se fabricou en Santander, axiña pasou ás mans da Armada tendo como base o Arsenal de Ferrol. Alí vai permanecer en custodia á espera de coñecer cal será o destino final da súa longa singradura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar