Publicador de contidos

Publicador de contidos

A área de Santiago e Barbanza supera as 9.100 infeccións activas

A área de Santiago e Barbanza supera as 9.100 infeccións activas

Suma 647 contaxios novos  en 24 horas

A maioría de doentes graves non ten a vacina


 

02/01/2022 15:09

A de Santiago e Barbanza é a segunda área sanitaria galega, despois da de Vigo, con máis casos activos. Suma 647 novos contaxios en 24 horas.

O aumento de positivos disparouse desde a Noiteboa. Das 9.147 persoas que nestes momentos están pasando a enfermidade, máis de 7.200 contaxiáronse a partir do día 24.

Os tests de antíxenos e as probas PCR convertéronse nunha rutina máis durante estas festas do Nadal que cada un leva como pode.

En Santiago hai 53 pacientes coa covid no hospital. Seis deles reciben coidados intensivos. A maioría dos doentes máis graves non se vacinaran.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos