Publicador de contidos

Publicador de contidos

A área de Vigo está por riba dos 20.000 casos de infección activa

A área de Vigo está por riba dos 20.000 casos de infección activa

Hoxe rexistra 1.850 positivos novos

Hai un cento de persoas ingresadas en planta, 8 máis que onte

Xente camiñando pola rúa Príncipe en Vigo
G24.gal 19/01/2022 14:21

 "De mal en peor, en vez de mellorar aumenta", di un señor de Vigo.

 "É unha historia interminable, é como de ciencia ficción realmente, que se o vemos no cine dicimos isto non pode pasar", apunta unha rapaza.

Pois si que pasa. Cando todo apuntaba a unha mellora, as cifras publicadas hoxe volven situar a área de Vigo como a que máis sobe en número de contaxios. Son 1.850 persoas máis as que teñen que loitar contra o virus.

"Hai que convivir con el xa practicamente porque se te guías polo medo, entón xa non vivirás, non poderás andar pola rúa sequera" continúa un señor.

 "A gripe que pasamos habitualmente é unha derivación da mal chamada gripe española, así que os virus están aí, tenden a permanecer, cada vez serán máis débiles porque o que non quere o virus é morrer. Pasará de ser unha pandemia a ser algo que pasa todos os anos", argumenta unha señora.

Hoxe a área de Vigo bate unha nova marca: supera os 20.000 casos de infección activa.

 "Estamos como máis cansos, máis agoniados", explica unha moza.

Mentres que na UCI a situación non varía, segue habendo 10 persoas infectadas, si aumenta a presión en planta. Hoxe hai 8 ingresos máis, o que suman xa un cento.

"Estase poñendo a cousa un pouco complicada, pero hai que ter esperanza", comenta outra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade