A área de Pontevedra está xa por riba dos 1.000 positivos
A área de Pontevedra-O Salnés volve ás cifras de contaxios de hai un ano
Catro xornadas consecutivas con máis de 100 novos positivos diarios
A área santaria de Pontevedra-O Salnés está vivindo un ´déjà vu´, ten este luns o mesmo número de positivos que hai xusto un ano, durante a ponte decembro. A diferencia é que agora, grazas á vacina, a hospitalización e a gravidade é moito menor. Por iso moitos sinalan aos non vacinados.
"Os que non se vacinan son os que nos están contaxiando, porque eu creo que os que están vacinados van indo", comenta unha veciña de Bueu.
"Non aprendemos dos erros. Confiámonos moitísimo, creo que soltamos demasiado pronto, con toda a xente que morreu e o pasou e parece que se nos esqueceu e creo que isto é normal que esté sucedendo e repuntando outra vez", apunta unha rapaza.
Por cuarta xornada consecutiva detectáronse máis dun cento de novos positivos diarios o que sitúa a cifra total por riba das mil persoas infectadas. Agora preocupa a trasmisión que vai deixar a ponte festiva.
"Se os casos están así e agora por riba vai vir xente doutras zonas, isto vai chegar un momento que non sei", lamenta unha moza.
Dos 26 municipios que forman a área sanitaria, Bueu segue á cabeza en número de contaxios e so quedan tres que por agora se están librando desta nova embestida da covid.