A aparición de pragas obriga a adiantar os tratamentos fitosanitarios nos viñedos
As variacións climáticas de abril favoreceron a chegada de fungos e insectos
O sulfato tampouco escapou da suba de custos e aumentou un 40 % o prezo
Fungos como o mildeu e o black roth, insectos como o pulgón ou a couce e enfermidades como a peste vella e o pedro aparecen xa nos viñedos a esta altura do ano. O único xeito de combatelos é aplicar tratamentos fitosanitarios de diferente intensidade segundo sexan os ataques.
A oscilación térmica e as chuvias intermitentes da primavera favoreceron a aparición das pragas polo que algúns viticultores xa deron as primeiras capas hai unha semana.
Malia as diferentes características climáticas, orográficas e de castes de uva nas cinco denominacións de orixe galegas e nas cinco IXP, a meirande parte dos fungos e insectos son comúns a todas elas. Nestas semanas, antes de que remate a floración, é preciso vixiar as viñas todos os días para evitar que calquera das pragas acabe por afectar os acios.
A viticultura tampouco escapa da inflación e os tratamentos fitosanitarios incrementaron o seu prezo ata nun 40 % polo que convén aplicalos con moito tino.