A afección do Rácing prepara un desprazamento masivo a Xixón
O 1 de xullo de 2025 é a data sinalada polo Rácing para ter a cidade deportiva funcionando
A afección do Rácing prepara a viaxe a Xixón. O Spórting concedeu 1.200 entradas. Catrocentas son para as peñas do Rácing e 800 puxéronse esta mañá á venda. Había ringleiras na Malata. Visita a un estadio cómodo e agradable: O Molinón. E nada de presión en termos futbolísticos. Desde o Rácing chaman a calma despois de abandonar os postos de ascenso directo.
"Español, Spórting, Oviedo e Éibar teñen que estar por diante, e algúns máis"
O un de xullo de 2025 é a data sinalada polo Rácing para ter a cidade deportiva funcionando. Parece que están pechadas as contratacións. Pero sempre pode haber unha opción de fichaxe.
"Se Messi quere vir, saco un xogador, que teña fichas ocupadas non significa nada".
Pide calma co terreo de xogo.