Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Administración executará rozaduras en zonas de risco de incendios forestais

A Administración executará rozaduras en zonas de risco de incendios forestais

O próximo 1 de xullo comeza a campaña de incendios en Galicia

Estes meses limpáronse 60.000 hectáreas de monte 

Supervisores de prevención de incendios revisando a masa forestal preto das vivendas
G24.gal 17/06/2023 14:52 Última actualización 17/06/2023 15:10

En menos de 15 días comeza a campaña de incendios en Galicia, e mentres trabállase, en colaboración cos concellos, na vixilancia de que os terreos próximos ás vivendas estean rozados. Co novo plan de prevención a Administración poderá actuar sobre aquelas parcelas que non estean limpas. 

Durante estes meses limpáronse 60.000 hectáreas de monte e as marxes de 5.600 quilómetros de vías públicas. Nestes momentos hai 279 concellos adheridos ao plan de prevención e en cada un deles poderanse executar de maneira subsidiaria a limpeza de 10 hectáreas de terreo que non rozasen os seus propietarios e que estean a menos de 50 metros das vivendas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos