Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ABAU, os exames que abren a porta á universidade

A ABAU, os exames que abren a porta á universidade

As carreiras relacionadas coa economía e coa medicina son as que teñen máis demanda en Galicia

Un 10 % dos alumnos galegos acaban estudando fóra

G24.gal 11/06/2022 15:30

Preto de 12.700 estudantes galegos fixeron esta semana os exames da ABAU, que lles abren a porta aos estudos universitarios. Nos próximos meses terán que elixir carreira. As relacionadas coa economía e coa medicina son as que teñen máis demanda en Galicia.

Galicia non é das comunidades que teñen as notas de corte máis altas para o acceso aos estudos universitarios, pero levan algúns anos encadeando subidas. Unha de cada tres carreiras esixiu este curso ter máis dun dez para poder matricularse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade