Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morreron 26 persoas en accidente de tráfico esta Semana Santa en España

Morreron 26 persoas en accidente de tráfico esta Semana Santa en España

Un dos últimos accidentes mortais tivo lugar en Carballo e eleva a catro os falecidos en Galicia nesta Semana Santa, aínda que dous deles -acontecidos en vías urbanas- non se inclúen nesa estatística

Imaxe da retirada do coche tralo accidente que lle custou a vida este luns a un condutor de 19 anos en Carballo Imaxe da retirada do coche tralo accidente que lle custou a vida este luns a un condutor de 19 anos en Carballo
G24.gal 19/04/2022 08:17

As cifras provisionais de sinistralidade nas estradas españolas durante os dez días que durou a operación especial de Semana Santa indican que houbo 24 accidentes mortais. Neles morreron 26 persoas. Son datos da DXT deste luns á tarde, canda estaba a desenvolverse o retorno en varias comunidades.

Nesta Semana Santa en Galicia morreron dous peóns atropelados en vías interurbanas e outras dúas persoas en accidentes en vías urbanas, que non se inclúen na estatística do dispositivo especial. O último destes foi en Carballo, onde o luns de madrugada faleceu un mozo, veciño de Ponteceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade