Publicador de contidos

Publicador de contidos

2022: a agardada resurrección do Entroido

2022: a agardada resurrección do Entroido

Galicia enteira botouse á rúa malia as restricións aínda vixentes

As máscaras son a lei e escorrentan os espíritos malignos do inverno

Tras o enterro da sardiña, o domingo de Piñata pon o peche definitivo

G24.gal 07/03/2022 21:02

Con récords de contaxios hai apenas un mes na sexta ola da covid, o Entroido deste ano volveu perigar e, de feito, as restricións obrigaron a suspender ou minimizar algunhas tradicións multitudinarias.

Pero un ano sen entroidar foi abondo. Aldeas, vilas e cidades botáronse ás rúas este 2022, por certo, co protagonismo das Tanxugueiras e do coronavirus.

E é que xa o sabemos, en Galicia o Entroido é un sentimento que sorteou unha ditadura e agora, superou unha pandemia. O Entroido segue máis vivo ca nunca.

Viva o Entroido... ata o ano que vén.  
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar