Publicador de contidos

Publicador de contidos

200 manifestacións piden o achegamento ao País Vasco dos presos da ETA

200 manifestacións piden o achegamento ao País Vasco dos presos da ETA

A situación sanitaria impide a celebración dunha manifestación única

Casado lamenta que 850 "inocentes" vexan as concentracións de apoio

Manifestacion de apoio aos presos en Bilbao
G24.gal 08/01/2022 20:42

En Euskadi este sábado celebráronse duascentas manifestacións para pedir o achegamento dos presos da ETA ás prisións vascas e a fin da que cualifican como política penitenciaria de excepción para estes reclusos. A situación sanitaria obrigou os convocantes, a plataforma cidadá Sare, a renunciar á manifestación multitudinaria que se celebraba cada ano despois do Nadal.

Esta de Bilbao foi unha das manifestacións máis numerosas. Centos de persoas percorreron as rúas da capital biscaíña ata o concello reclamando o traslado dos presos etarras a cárceres de Euskadi, e a amnistía xeral. Ademais das tres capitais vascas, houbo marchas e concentracións en numerosas vilas do País Vasco, en Pamplona e na localidade vasco-francesa de Baiona.
Os organizadores admiten que houbo algúns avances pero critican que siga habendo presos da banda terrorista fóra da comunidade vasca, e que se lles neguen permisos e progresións de grao.

 "Se isto non se consegue neste ano 2022 estariamos diante dun fracaso colectivo".

Representantes de Bildu e do partidos independentistas de Cataluña participaron nesta mobilización. O PNV apoiouna pero non asistiu.

 "É o momento da negociación política, é o momento do traballo, do acordo parlamentario".

O partido popular fala de impunidade e lembra as vítimas da banda terrorista.

 "Non pode ser que 850 inocentes en España vexan como hoxe hai duascentas concentracións en apoio dos seus asasinos e non pode ser que o Goberno de España, como lembrou onte o voceiro de Bildu, dependa do partido político que non condena 850 asasinatos".

Tres vítimas da ETA participaron nos actos organizados por Sare. Son a filla do concelleiro do PP, Manuel Zamarreño, a do ministro socialista Ernest Lluch e unha vítima do atentado de Hipercor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade