Publicador de contidos

Publicador de contidos

150.000 galegos deben descargar de novo o certificado covid ao cambiar a normativa europea

150.000 galegos deben descargar de novo o certificado covid ao cambiar a normativa europea

As afectadas son persoas vacinadas con Janssen e que puxeron o reforzo e aquelas que pasaron a enfermidade, puxeron unha dose e o reforzo

Os cambios normativos modifican o pasaporte covid
G24.gal 09/02/2022 11:46

O Servizo Galego de Saúde enviou 150.000 mensaxes aos cidadáns que deben volver descargar o certificado covid. Están afectados por un cambio de criterio de emisión do certificado de vacinación, en virtude dos cambios na normativa europea. Nas mensaxes xa lles indica unha ligazón en que poden consultar a información.

A poboación afectada é a seguinte:    

- Cidadáns que tiveron unha primeira dose de Janssen, con dose de reforzo e certificado descargado.  

- Cidadáns con pauta completa excepcional por pasar a enfermidade, con dose de reforzo e certificado descargado. Por exemplo, persoas que pasaron a enfermidade a principios de 2021 e que só recibiron unha vacina como pauta completa e, agora, xa contan coa dose de reforzo (é dicir covid+vacina+dose de reforzo).

Este 1 de febreiro entraron en vigor as novas normas para a xeración do certificado de vacinación. Neles, sempre figurará o nome da última vacina administrada e a data, sempre que sexa unha vacina aprobada pola Organización Mundial da Saúde (OMS).  

Os certificados de pauta completa, sen dose de reforzo, serán válidos durante 270 días (nove meses). 

Hai ademais un cambio na codificación das doses administradas en distintas circunstancias.  

Deste xeito, a pauta completa con Janssen, por ser monodose, aparecerá sempre no denominador un 1 e no numerador, as doses totais recibidas. Por exemplo, se pon 2/1 significa que se ten a pauta completa con dose de reforzo.  

As persoas con antecedentes da infección e que só precisaron unha dose como pauta completa, tamén aparecerá no denominador un 1 e un 2 no numerador, o que indica o total de doses recibidas. Se esa persoa, por exemplo, pasou a covid na terceira onda (xaneiro de 2021) e só recibiu unha vacina para completar pauta e recibiu xa a súa dose de reforzo, terá no seu certificado este código: 2/1.  

As persoas que acheguen vacinas non aprobadas pola OMS, necesitarán unha dose de ARNm e, polo tanto, esta vacina será a única que se reflicta no denominador, cun número 1, e no numerador, as doses totais recibidas aprobadas pola OMS.  

As persoas que se atopen nestas situacións descritas, deben descargar de novo o seu certificado, para que estea actualizado á nova normativa.

Para as persoas que recibisen tres vacinas sen pasar a infección terán no seu certificado o seguinte código: 3/3.  

Ademais, aquelas persoas que non recibiron a dose de reforzo por infectarse durante esta sexta onda e que non teñen unha proba PCR (só antíxenos), única proba diagnóstica que recoñece a UE, atópanse na situación de que o seu certificado de vacinación caduca aos nove meses.  

O Sergas ofrécelles a estas persoas acceder á dose de reforzo antes dos cinco meses regulados para que conten de novo co seu certificado actualizado.

Polo momento, o certificado coa dose de reforzo recibida non ten data de caducidade na UE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade