Publicador de contidos

Publicador de contidos

125 anos da aspirina e seguen atopándolle aplicacións novas

125 anos da aspirina e seguen atopándolle aplicacións novas

Útil no cancro de colon e nos trombos da covid

G24.gal 09/08/2022 22:10

A aspirina fai este mércores 125 anos. E a pesar de que naceu en Alemaña, España ten un gran protagonismo neste aniversario. Porque todo o ácido acetilsalicílico que se usa para producila fabrícase en Asturias. 

A pílula máis famosa da historia está recomendada para todo tipo de dores.

O químico alemán Félix Hoffmann sintetizouna en 1897. Dende entón, este analxésico, antiinflamatorio e antipirético revolucionou o mundo da medicina. 

Cada ano fabrícanse máis de 5.000 toneladas deste medicamento, publícanse centos de estudos sobre as súas propiedades e é obxecto dunhas 3.500 publicacións científicas. 

E o máis sorprendente e que aínda se lle seguen atopando novas aplicacións.

"Canto máis se usa e canto máis xente a usa imos vendo máis efectos secundarios pero tamén novos efectos beneficiosos como pode ser no cancro colorrectal e agora no caso da covid, a diminución do risco de trombos", di a farmacéutica Sonia Sáenz de Buruaga.

E un dato curioso: todo o ácido acetilsalicílico que Bayer usa na súa produción fabrícase en España, na planta asturiana de Felgueras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade