Máis de 1.200 persoas opositan á Garda Civil en Galicia
A benemérita saca a concurso 1.671 prazas ás que optan 26.000 persoas en toda España
Vigo acolle as oposicións para a Garda Civil en Galicia ás que se presentan 1.235 persoas. Son 887 homes e 348 mulleres.
Ademais das probas de forza, velocidade e resistencia, este ano hai un apartado de gramática como novidade.
Fanse en dúas quendas, sábado e domingo, na Facultade de Económicas da Universidade de Vigo. As persoas participantes valoran, sobre todo, a posibilidade dun traballo fixo.
Tamén chegan atraídas polo abano de posibilidades que ofrece o corpo, dende o ambiental, ata o investigador, pasando pola seguridade cidadá ou o mergullo.
Unha vez conseguida a praza, hai que formarse nalgún dos dous centros que a Garda Civil ten en Xaén e Madrid. Galicia é unha das comunidades que achega máis axentes.
As probas de acceso estanse a desenvolver en 19 localidades de toda España con 26.000 aspirantes a 1.671 prazas
.png)