Cargando resultados...
Xosé Liz: "Se respectas o que estás facendo, o instrumento é o menos importante"
Neste novo proxecto o 'bouzouki' de corpo sólido é o instrumento solista
Na banda de Xosé Liz: Marcos Campos, Chuchi Cuadrado, Antón Lago, Jorge Juncal, Roi Adrio e Álvaro Iglesias
Presentarán Indala no festival de Ortigueira este verán, inaugurando o certame o 9 de xullo
G24.gal
02/06/2025 14:50
Última actualización 02/06/2025 16:32
barco veleiro que traes?
vés pola ría arriba
vés cargado de trigo
para mariñeiría
Partindo dun canto orixinario de Corcubión 'Barco veleiro' é un dos temas que compoñen o novo proxecto de Xosé Liz. 'Indala' é un disco de camiño, unha nova banda e unha nova etapa na súa traxectoria musical.