Xisco Feijóo: "Afortunadamente xa non hai comités de sabios dentro do folk"
Xisco Feijoo, fin de xira de Peixe: 29 de novembro no Auditorio G. Freire (Lugo) e 1 de decembro no Teatro Afundación (Vigo)
Fran Sieira, Laura Burgué, pandeireteiras de O Fiadeiro e de Cántigas e Frores ou a chelista estadounidense Natalie Haas estarán no escenario
A partir do ano 2024, o proxecto tomará novas formas, sonoridades e novos temas, ata a crear un novo ser produto da metamorfose
"Peixe fala de todo aquilo que queremos ser e non somos... E daquilo que somos e non desexamos". O Peixe do que falamos é o proxecto que Xisco Feijoó botou a navegar hai dous anos e que agora pecha xira con dous concertos irrepetibles. Un proxecto que mirou cara a atrás e que agora muta, que se transforma.
Peixe pode ser a música tradicional máis fonda e sons do século vinte e un, pero sobre todo e o poderío dunha voz exercitada durante décadas.