Xavier Miró, cantautor: "Cantando en galego non me sentía só"
Xavier Miró, cantautor: "Cantando en galego non me sentía só"
Xavier formou un dúo con María Martínez, María y Xavier, co que chegaron a gravar catro discos entre 1069 e 1971
Cantando en galego, participaron en programas de televisión e no Festival de Torremolinos de 1971 co tema 'Miña ruliña'
Ribadeo homenaxeou a Xavier Miró cun evento con máis de 120 músicos de A Mariña que versionaron temas de Miró
Nos anos 70 acontecían cousas extraordinarias imposibles de ver hoxe en día. Por exemplo, un tema galego, O tren, de Andrés Dobarro era número un nas listas de éxito en España. E dúos como María e Xavier cantaban nos programas da televisión nacional e participaban en festivais coma o de Torremolinos.
Algo máis de 50 anos despois disto, Marina Oural e Ugia Pedreira, co impulso da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento e a Concellería de Cultura do Concello de Ribadeo, deciden organizar unha homenaxe a Xavier Miró, veciño desta vila para lembrar aqueles tempos dourados.