Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mostra Valle-Inclán íntimo: "Valle na intimidade era tenro, próximo e moi traballador"

Mostra Valle-Inclán íntimo: "Valle na intimidade era tenro, próximo e moi traballador"

A exposición 'Valle-Inclán íntimo' no claustro de Fonseca achéganos á cara máis reservada do autor

A maior parte das pezas nunca se expuxeran e proceden da casa madrileña do autor  

As lentes, capa, cadros, libros ou unha reprodución da sala da súa casa forman parte da exposición
 

Margarita Santos Zas, Javier del Valle-Inclán Alsina e José Manuel López Vázquez
G24.gal 18/02/2023 11:30

A voz de Valle Inclán, as súas gafas e a capa, o sofá e a  sala da súa casa na rúa Francisco Rojas de Madrid, os libros, e os obxectos que o rodeaban cada día, forman parte dunha singular exposición en Santiago: Valle-Inclán Intimo. Hoxe entraremos nesa intimidade no tempo da entrevista cos seus comisarios para descubrir novos matices do autor xa que de Valle-Inclán circularon na época moitos bulos, esaxeracións, extravagancias, lendas e mentiras, moitas alimentadas por el mesmo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar