Cargando resultados...
'Valldaura', de Manuel Lógar: historia dun confinamiento rodado á forza
O documental pódese ver no festival Cineuropa
Todo este mes estará dispoñible na plataforma Filmin
G24.gal
09/11/2022 16:32
Moitos foron os cineastas que se lanzaron a rodar ao comezo da pandemia conscientes da importancia de reflectir o momento que estabamos a vivir todos. Un deles é o coruñés Manuel Lógar. Marzo de 2020 sorprendeuno cun traballo de encargo sobre un master de arquitectura en Cataluña. Pero o filme virou cara algo máis autoral coa chegada da covid. Falamos de 'Valldaura', que podedes ver hoxe en Cineuropa.