Publicador de contidos
Publicador de contidos

A actriz Janet Novás e a curtametraxe 'To bird or not to bird', os premiados galegos nos Goya

A actriz Janet Novás e a curtametraxe 'To bird or not to bird', os premiados galegos nos Goya

To bird or not to bird recibe o premio a mellor curtametraxe de animación e Janet Novás, o Goya a mellor actriz revelación por O corno, participada por TVG

La sociedad de la nieve, gran triunfadora con 12 premios, entre eles mellor película e mellor dirección

Janet Novás co seu Goya a mellor actriz revelación (EFE)
G24.gal 10/02/2024 23:47 Última actualización 11/02/2024 21:15

A edición número 38 dos Premios Goya, celebrada na Feira de Valladolid, gardou un oco para o audiovisual galego, nunha gala na que La sociedad de la nieve rematou por todo o alto.

Dous galardóns son os que quedan en Galicia. O primeiro deles foi o premio de actriz revelación para a galega Janet Novás, polo seu papel no filme O corno, dirixida por Jaione Camborda e que conta coa participación da TVG.

O corno gañou a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Cine de San Sebastián o pasado verán. Esta película conta a historia de María, unha marisqueira e parteira que, tras un suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e loitar pola súa supervivencia.

"Miña nai, que nervios teño! Vaime dar un jamacuco!", exclamou a actriz e bailarina mentres lía unha engurrada folla manuscrita para eloxiar o filme de Jaione, "que cheira a terra e sabe a vida, fixeches historia, amiga... grazas por devolverme a ilusión", subliñou sobre a realizadora.

O segundo galardón que chega a Galicia vén da man do galego Martín Romero, que dirixiu To bird or not to bird, premiada como mellor curtametraxe de animación.

O director Martín Romero e os produtores Chelo Loureiro e Ivan Miñambres (EFE) O director Martín Romero e os produtores Chelo Loureiro e Ivan Miñambres (EFE)

A gañadora indiscutible desta edición 38 dos premios Goya, foi La sociedad de la nieve, que recibiu 12 galardóns dos 13 aos que estaba proposta. Esta é a primeira vez que un filme de Juan Antonio Bayona recibe o Goya a mellor película, que non conseguira con Un monstruo viene a verme (2017) nin con Lo imposible (2013), cos que si levou os de mellor dirección.

Baseada no libro homónimo de Pablo Vierci, o filme recolle os testemuños dos 16 sobreviventes do accidente do avión estrelado o 13 de outubro de 1972 na cordilleira dos Andes e que trasladaba a un equipo de rugby desde Montevideo a Chile.

A película, coproducida por Netflix, relata as dificultades e dilemas aos que se enfrontaron aqueles mozos uruguaios para sobrevivir, incluída a antropofaxia, e contou coa implicación no proxecto dos verdadeiros protagonistas. O filme do director catalán está proposta tamén ao Óscar a mellor película internacional.

Estes son os gañadores da 38 edición dos Premios Goya:

Mellor película: La sociedad de la nieve

Mellor dirección: J.A. Bayona, por La sociedad de la nieve.

Mellor actriz protagonista: Malena Alterio, por Que nadie duerma.

Mellor actor protagonista: David Verdaguer, por Saben aquell.

Mellor guión orixinal: Estibaliz Urresola, por 20.000 especies de abejas.

Mellor guión adaptado: Pablo Berger, por Robot Dreams.

Mellor actriz de reparto: Ane Gabarain, por 20.000 especies de abejas.

Mellor película europea: Anatomía de una caída (Francia), de Justine Triet. 

Mellor película iberoamericana: La memoria infinita (Chile), de Maite Alberdi .

Mellor actriz revelación: Janet Novás, por O corno.

Mellor dirección novel: Estibaliz Urresola, por 20.000 especies de abejas.

Mellor curtametraxe de animación: To bird or not to bird, de Martín Romero. 

Mellor curtametraxe documental: Ava, de Mabel Lozano.

Mellor curtametraxe de ficción: Aunque es de noche, de Guillermo García López. 

Mellor película documental: Mientras seas tú, el aquí y ahora de Carme Elias, de Claudia Pinto Emperador e Iván Martínez-Rufat.

Mellor película de animación: Robot Dreams, de Ángel Durández, Ibon Cormenzana, Ignasi Estapé, Pablo Berger e Sandra Tapia.

Mellor música orixinal: Michael Giacchino, por La sociedad de la nieve

Mellor dirección de produción: Margarita Huguet, por La sociedad de la nieve

Mellor dirección de arte: Alain Bainée, por La sociedad de la nieve.

Mellor son: Jorge Adrados, Oriol Tarragó e Marc Orts, por La sociedad de la nieve.

Mellor dirección de fotografía: Pedro Luque, por La sociedad de la nieve.

Mellor montaxe: Andrés Gil e Jaume Martí, por La sociedad de la nieve

Mellor actor revelación: Matías Recalt, por La sociedad de la nieve.

Mellor maquillaxe e perruquería: Ana López-Puigcerver, Belén López-Puigcerver e Montse Ribé, por La sociedad de la nieve.

Mellores efectos especiais: Pau Costa, Félix Bergés e Laura Pedro, por La sociedad de la nieve.

Mellor deseño de vestiario: Julio Suárez, por La sociedad de la nieve

Mellor canción orixinal: Riboberta Bandini, por Te estoy amando locamente.

Mellor actor de reparto: José Coronado, por Cerrar los ojos.

Juan Antonio Bayona con todo o equipo de 'La sociedad de la nieve' recollendo o premio a mellor película (EFE) Juan Antonio Bayona con todo o equipo de 'La sociedad de la nieve' recollendo o premio a mellor película (EFE)
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar