Cargando resultados...
Martín Romero: "Os paxaros simbolizan a liberdade, pero a miña curta fala de todo o contrario"
To bird or not to bird é unha crítica ao capitalismo, á explotación ambiental e ao individualismo
Está producida por Chelo Loureiro de Abano Producións e Iván Miñambres de Uniko
Está proposta a mellor curta de animación nos premios Goya, que se entregan o vindeiro mes de febreiro en Valladolid
G24.gal
14/12/2023 14:56
Última actualización 14/12/2023 16:36
To bird ou non to bird é o título da úlitma curtametraxe de animación do coruñés Martín Romero. Igual que ca curta anterior, La Noche, acadou varios recoñecementos en diferentes festivais. Na vindeira edición dos Premios Goya está proposta a mellor curtametraxe de animación.