Novo disco de Caamaño&Ameixeiras, concerto de Naitinain e Ourfest
Quitar o aire, de Caamaño&Ameixeiras, 9 temas que levan a música tradición polo camiño do terreal ao etéreo
Naitiain, pop rock compostelán que abrirá o concerto de Calavento este venres
Suede, cabeza de cartel do Ourfest en Ourense
Caamaño&Ameixeiras publican o seu segundo disco, Quitar o aire, un percorrido de 9 temas polos ritos e tradicións galegas máis ancestrais. Unha nova vida a temas recollidos no máis fondo do corazón do folclore galego con letras asinadas por elas mesmas, e poetas como Novoneyra ou Alba María.
Naitinain, é unha novísima banda compostelá que vai abrir o concerto a Calavento esta fin de semana co seu pop rock desenfadado e con instrumentos como gaita ou frauta traveseira.
Suede é o cabeza de cartel do Ourfest, que encherá Ourense de sons dos noventa. No cartel tamén Kula Shaker ou Baxter Dury e o galego Grande Amore.