Cargando resultados...
David Fidalgo, o explorador da humanidade do meme
Os memes, as cores, o humor absurdo, o existencialismo, a ciencia ficción. Iso todo é Sandwich cat
David Fidalgo dérase a coñecer no 2019 con Homomaquia, finalista dos Goya
G24.gal
16/02/2023 15:31
O artista lucense David Fidalgo é o gran favorito na categoría de curta de animación nos Premios Mestre Mateo. Conta con dous traballos dos tres finalistas: Reaction e Sandwich cat. Precisamente Sandwich cat vaise facer a súa estrea internacional no South by Southwest, Austin, nos Estados Unidos. Con Fidalgo conversamos no seu estudio das curtas e da súa creación pictórica tamén de próxima exposición.