Vinte e cinco anos do Salón do Libro Infantil e Xuvenil co reto de facer da lectura un punto de encontro
Vinte e cinco anos do Salón do Libro Infantil e Xuvenil co reto de facer da lectura un punto de encontro
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra fai 25 anos con saúde e un amplo programa
A maxia é o tema central que vertebra a programación do Salón ata o día 17 de marzo
A literatura catalá e a galega traducida ao catalán terán un oco nesta edición do salón
Os libros son maxia, permítennos vivir outras vidas, aprender, poñernos no sitio dos outros. Igual por iso o Salón do Libro de Pontevedra, que fai 25 anos, escolleu ese tema central, a maxia. Evidentemente, tampouco van faltar magos tradicionais. Nin un país convidado, como sempre fan: desta volta, a irmandade será con Cataluña.
Hoxe conversamos con Eva Mejuto, a coordinadora do Salón do Libro de Pontevedra, e con Eduard Velasco, escritor e tradutor, un barcelonés que é tamén galego de adopción.