Cargando resultados...
Roberto Díaz: "Moito do que teño de artista téñoo tamén como persoa, preciso momentos de introspección"
Roberto Díaz: "Moito do que teño de artista téñoo tamén como persoa, preciso momentos de introspección"
'Tempo suspendido' é a última exposición do pintor coruñés Roberto Díaz
Nas súas obras o artista muda o cotiá nunha xeografía da espera, influéncialle a pintura de Hooper e Ramón Casas
A exposición pode verse na Casa Museo Picasso ata o próximo 30 de novembro
G24.gal
14/10/2025 15:25
Última actualización 14/10/2025 16:30
Escenas sen tempo onde o suspendido se volve universal. Así son os cadros do pintor coruñés Roberto Díaz, que busca trazar na súa obra unha xeografía íntima do cotián. Para recrearnos neles temos que achegarnos á Casa Museo Picasso da Coruña, onde se expoñen 28 óleos que capturan certa melancolía urbana.