Cargando resultados...
A historia tráxica de António Variações
António Variações é unha icona do colectivo LGTBI+ de Portugal
A película de João Maia converteuse nunha das que máis recadou en Portugal nos últimos anos
Unha das últimas imaxes do artista
G24.gal
25/05/2023 16:29
Última actualización 25/05/2023 16:43
Antonio Variações foi e segue a ser unha das figuras máis icónicas da música en Portugal, reivindicado con forza nos últimos tempos polo colectivo LGTBI. Cantante e compositor nos primeiros anos oitenta conseguiu un éxito fulgurante no ámbito da música popular, pero a sida truncou a súa corta carreira.
O director de cine João Maia filmou un biopic sobre o cantante no 2019 que foi un dos maiores éxitos de taquilla en Portugal. João Maia participou no recente Festival Cinema Diverso na Coruña e falou con nos da singular personalidade que foi Antonio Variações.