O Proxecto Nós vai garantir a usabilidade no galego, e polo tanto transformará o país
O Proxecto Nós quere situar o galego na vangarda da intelixencia artificial e das tecnoloxías lingüísticas
Compilaranse recursos e desenvolveranse ferramentas para o procesamento automático do galego oral e escrito
Os recursos ou aplicacións desenvolvidos no Proxecto Nós serán de libre acceso
Ao igual que a xeración NÓS reivindicou un galego universal, o Proxecto Nós busca que o galego sexa unha realidade no mundo dixital e na economia da intelixencia artificial. Así se presenta o Proxecto Nós. Que é isto? Cales son os seus obxectivos? Para quen é?
Todas esas preguntas ímosllelas facer hoxe a dous investigadores implicados, Senén Barro, director do CiTIUS, e Xosé Luís Regueira, director do Instituto da Lingua Galega, o ILG, os dous entregados a tarefa de garantir o futuro dixital da nosa lingua.