'Pinchi', pólvora para a dianteira do Rácing
O canteirán do Dépor coincidiu co técnico no Fabril e recala en Ferrol ata final de curso cedido polo Rizespor
Pinchi regresa a Galicia proveniente da Superliga turca, despois de ter unha boa campaña nun Mirandés no que tamén militaban Nico Serrano e Álex Martín, recala cedido polo que resta de tempada polo Rizespor con ánimo de sumar pólvora á segunda liña de ataque dun Cristóbal Parralo que xa o tivo ás súas ordes no banco do Fabril.
"Estou para achegar. Levo moitos anos xogando ao fútbol. En Turquía estiven xogando de mediocentro. De dianteiro xoguei no Estremadura un ano enteiro", valora.
A anécdota da xornada tivo tinguiduras branquiazuis. E é que o canteirán deportivista non eludiu o vínculo que lle une co club no que comezou a súa carreira futbolística.
"De toda a vida...nacín na Coruña, son do Deportivo pero veño a axudar a achegar todo o que poida e darlle as máximas alegrías a afección".