Cargando resultados...
Perfecto Ramos: "O éxito de Joaquín Vaamonde impediulle facer a pintura que quería realmente"
Vaamonde Cornide marchou só da Coruña con 16 anos, volveu con 23 e morreu aos 29
Emilia Pardo Bazán baseouse na súa vida para escribir La Quimera
Perfecto Ramos publica a súa biografía na editorial Aira
G24.gal
05/02/2024 14:49
Última actualización 05/02/2024 16:27
Joaquín Vaamonde Cornide foi un afamado pintor, debuxante e ilustrador, tanto na Arxentina coma en Paraguai e logo en Madrid, Londres ou Bélxica. Estamos a falar dun dos representantes da coñecida como Xeneración Doente, de finais do XIX.
A investigación realizada por Perfecto Ramos da conta de moitos aspectos descoñecidos da súa vida. Fomos ata o Museo Provincial de Pontevedra a saber del e ollar algúns dos seus retratos.